Introdución

INSCRIPCIÓN ABERTA ATA O XOVES 12 DE SETEMBRO
A QUE ESPERAS? APÚNTATE XA!


O día 14 de setembro de 2013 ás 9.30h dará saída na Praza de España de Quiroga a VI Ruta MTB "Val de Quiroga". Esta proba de carácter social non competitivo discurrirá por varias das zonas máis belas do val, nun ambiente perfecto para a práctica da MTB. O percorrido será de aproximadamente uns 50 quilómetros, polo que a participación se restrinxe (pola elevada quilometraxe) a persoas maiores de 18 anos. Ó tratarse dunha ruta e como xa se comentou anteriormente de carácter non competitivo faranse reagrupamentos en varios puntos, contando ademais con puntos de avituaiamento. Tamén se pide ós participantes que no caso de ter que transitar por estradas abertas ó tráfico se circule con precaución, respetando sempre as normas viarias. Con todo isto xa debería chegar para disfrutar da paisaxe quiroguesa, que rematará de novo en Quiroga, na zonas do pavillón deportivo, onde cada participante poderá asearse, disfrutando dunha comida que teremos preparada.